Debería un tradutor delimitar o seu ámbito de traballo e dese modo cinguirse a unha especialidade determinada?
Haberá quen defenda esta opción coa axuda dos seguintes argumentos:
Se te especializas nun tema, converteraste nun experto nese tema concreto e de tanto traballar con el, dominaralo. Sirva como apoio o refrán: «Aprendiz de moito, mestre de pouco.» Logo está a outra alternativa: as traducións ilimitadas, traducir un proxecto calquera, o que se presente, sen importar a temática nin o tipo de escrito. Esta opción pode defenderse en base ao devandito: «Na variedade está o gusto.»
Pódese defender con coñecemento de causa practicamente calquera materia. É verdade que non podemos chegar a ser catedráticos en todas elas, pero iso é a vida e non por iso imos deixar de enfrontarnos a ela. Ademais, non resultaría aburrido dedicarse día tras día a unha monotonía temática?
Limitamos ou atravesamos fronteiras en busca do ilimitado?