Somos crentes ou ateos?

by | 01 de Novembro de 2025

Adoitamos asociar crer en algo con velo cos nosos propios ollos ou mesmo con poder tocalo. Se non o vemos ou non podemos tocalo, realmente existe ou é unha ilusión? Os deuses, son algo abstracto ou real? Vímolos? Tocámolos?

Hai dúas opcións: ou crees a pesar de non ser algo tanxible ou es ateo porque che falta o contacto da veracidade.

Que ocorre cos ebooks ou a música en streaming? Non podemos pasar as follas deses libros nin cheirar o cheiro da imprenta. Non podemos poñerlle un pano á superficie delicada dun vinilo. Non podemos colocalos nun andel para velos e sentirnos orgullosos e/o satisfeitos da nosa colección.

Entón, son reais? Existen?

Por suposto que existen! Representan unha realidade nova. Tan só hai que crer neles.