Anos atrás un libro era un agasallo moi recorrido. (Lembro a ilusión que me facía recibir un libro – ou máis dun: felicidade absoluta!) Un libro polos aniversarios, o Nadal, como premio polas boas notas, para animarnos…
Onde quedou o espírito de “Regala un libro”? Non digo que non quede algún nostálxico solto por aí, pero sexamos realistas: cando foi a última vez que nos regalaron un libro ou que nós regalamos un?
“E que regalar un libro é algo moi persoal… E se non lle gusta?” Pois soluciónase regalando dous libros de temática diferente. E se no canto de partir dun “E se non?”, partimos dun “E se si?”?
Un libro regalado pode supor o descubrimento doutro mundo. E se resulta que o libro abre xanelas novas a paisaxes descoñecidas? E se a persoa á que lle regalamos o libro, descobre que ler achega moito máis do que esperaba?
Retomemos os vellos costumes: Regala un libro!